Aviso legal

www.consumo.gob.es é un dominio na Internet da titularidade do Ministerio de Consumo (CIF S-2801444-G). Paseo del Prado, 18-20  28014 Madrid. 

O uso do sitio web implica a expresa e plena aceptación das condicións aquí expostas.

O seu contido é simplemente informativo e carece de efectos xurídicos vinculantes para a Administración.

Autorízase a reprodución total ou parcial, modificación, distribución e comunicación da información dispoñible neste sitio web, con excepción dos contidos sobre os que existan dereitos de propiedade intelectual ou industrial por parte de terceiros. 

O uso haberá de facerse con suxeición aos seguinte termos:

  • Non se autoriza a desnaturalización do contido da información.
  • O usuario debe facer constar a fonte e a data dos documentos utilizados.
  • A través deste sitio web non se obteñen datos de carácter persoal dos usuarios sen o seu coñecemento, nin se ceden a terceiros. Os datos persoais obxecto de tratamento obtéñense e trátanse de acordo co Regulamento UE/2016/679, do 27 de abril de 2016, Xeral de Protección de Datos (RXPD).

Uso de enderezos IP e cookies, recollida de datos estatísticos

A navegación dun usuario neste portal, ao igual que en calquera outro sitio web, deixa como rastro o enderezo IP que nesa sesión lle foi asignada polo seu provedor de acceso á Internet. O rexistro do devandito enderezo IP serve para fins exclusivamente internos, como son as estatísticas de acceso ao portal.

Este portal utiliza cookies propias e de terceiros para facilitar a navegación e estatísticas deste. Ver política de cookies.